Presentamos o trailer de DISTURBIOS
Un dos filmes do ano:
"Conxela un momento no tempo". The Hollywood Reporter
"Formalmente atrevida". Variety
"Encadres únicos". Cahiers du cinéma


Premiada nos festivais de Berlín e Viena, entre outros, a segunda longa de Cyril Schäublin narra a transformación dunha vila reloxeira suíza a través da súa puxante industria e da auxe do movemento anarquista.
-
Regresa o filme esquecido do pai de Zipi y Zape 70 anos despois
José Escobar foi en 1950 codirector de Érase una vez..., segundo filme de animación na historia do cinema español, adaptación libre do conto clásico d'A Cincenta. Filmoteca de Catalunya vén de recuperar esta fita co apoio de Estela Films, a produtora da película. Irá a salas o 16 de decembro, logo da súa estrea en Barcelona o 27 de outubro polo Día Mundial do Patrimonio Cinematográfico e o seu pase por festivais.
-
A listaxe de libros de Nadal de Helena Wittmann
A realizadora de Human Flowers of Flesh elixe unha escolma de obras que marcaron o seu proceso creativo e que recomenda nestas festas. Estrearemos o filme o 31 de marzo de 2023. Ata aquela, bo Nadal e próspero Aninovo.
-
Unha introdución ó pop húngaro dos sesenta
O músico e investigador Alfonso Espiño indaga na escena pop de Budapest a finais dos sesenta, ofrecendo unha lectura en profundidade das bandas que aparecen no filme de Márta Mészáros Non choredes, preciosas!

Retrospectiva á primeira muller en gañar o Oso de Ouro
A laureada cineasta conta cunha extensa filmografía dende os anos cincuenta ata os nosos días. LOST & FOUND presenta os 12 filmes que hai restaurados e dixitalizados nesta altura.