Chega a Galicia o ciclo de Lionel Rogosin, o gran documentalista norteamericano da ficción partisana
O fillo do director e impulsor da restauración dos seus filmes, Michael Rogosin, estará na Coruña, Santiago e Ferrol para presentar varias proxeccións
LOST & FOUND organiza este programa formado por oito títulos, incluíndo as tres restauracións máis recentes e estreadas este mesmo ano no festival de Boloña
Lionel Rogosin é un dos realizadores de cinema documental máis influentes dos Estados Unidos, pese a ser menos coñecido que outras figuras coma Frederick Wiseman ou os irmáns Maysles. A súa obra, una “ficción partisana” cun compromiso firme coa defensa dos dereitos das persoas máis desfavorecidas, tivo un grande impacto no free cinema británico e agora poderá verse en Galicia no ciclo programado por LOST & FOUND.
Tras anos condenado a una escasa circulación, hai unha década que o fillo de Rogosin, Michael (quen tamén é cineasta) decidiu restaurar e dixitalizar a obra de seu pai, coa colaboración da Cineteca di Bologna. O resultado é que hoxe podemos presentar unha retrospectiva case completa da obra do estadounidense — todo o recuperable—, sumando as tres restauracións máis recentes que se presentaron este ano no festival Il Cinema Ritrovato da cidade italiana.
O ciclo conta con 8 títulos, sendo o máis completo xamais realizado sobre o director. Tras a súa estrea en Madrid o 1 de novembro, poderase ver en Galicia nos vindeiros días, con Michael Rogosin presentando o cinema de seu pai en varias das sesións programadas. Estará dispoñible para entrevistas a partir do 17 de novembro. [Descarga o dossier de prensa]
Pases con presentación e coloquio de Michael Rogosin
Cantones Cines – A Coruña
Luns 25 de novembro: Sobre o Bowery (1956) - 20:00h
Sala Numax - Santiago de Compostela
Martes 26 de novembro: Sobre o Bowery (1956) - 19:50h
Cines Duplex - Ferrol
Mércores 27 de novembro Sobre o Bowery (1956) - 20:00h
Outras proxeccións
Sala Numax - Santiago de Compostela
Martes 3 de decembro: Volve, África (1959) - 19:35h
Martes 10 de decembro: Bos tempos, marabillosos tempos (1965) + Vaia par de chalados (1966)
Martes 17 de decembro: Raíces negras (1970) + Diálogo árabe-israelí (1974)
Luns 23 de decembro: Fantasía negra (1972)
Luns 30 de decembro: Leñadores do sur profundo (1973)
Compromiso e lucidez en oito películas
A película fundacional da carreira de Lionel Rogosin talvez sexa a máis coñecida: Sobre o Bowery (On the Bowery, 1956). Interesado en criticar a situación do apartheid nos anos cincuenta, Rogosin encarou esta primeira longametraxe coma unha una preparación para rodar en Sudáfrica un par de anos máis tarde. El contexto é o barrio do Bowery, en pleno Manhattan, hoxe un lugar saneado por diversas reformas urbanísticas, pero entón un barrio pobre no que convivían estibadores, prostitutas, alcólicos sen fogar e traballadores da construción do ferrocarril, coma Ray, o protagonista. Influenciado polo neorrealismo italiano e por Robert Flaherty, Rogosin logrou realizar un retrato fidedigno do que alí pasaba, que lle valeu numerosos recoñecementos. Sobre o Bowery foi a primeira película norteamericana en gañar o Gran Premio do Festival de Venecia como documental, foi galardoada cun BAFTA e nomeada ao Oscar.
Este gran recoñecemento crítico permitiulle financiar Volve, África (Come Back, Africa, 1959), que logrou rodar cun permiso para un documental sobre música. O resultado fue outro ben distinto, un relato cru das condiciones de vida de varios traballadores negros no contexto do apartheid. A película foi premio da crítica en Venecia. Rogosin seguiu amolando ás altas esferas por aló onde pasaba. En Diálogo árabe-israelí (Arab Israeli Dialogue, 1974), o seu derradeiro documental, puxo a conversar a un poeta palestino e a un xornalista israelí sobre as posibles saídas dun conflito que xa daquela levaba décadas enquistado e que por desgraza volve a estar de actualidade en 2024.
Entre medias rodou Raíces negras (Black Roots, 1970), Fantasía negra (Black Fantasy, 1972) e Leñadores do sur profundo (Woodcutters of the Deep South, 1973), que amosaban a vida de diversas comunidades negras do sur de EEUU —con Fantasía negra sendo perseguida pola censura. Antes, con Bos tempos, marabillosos tempos (Good Times, Wonderful Times, 1965) amosou a súa preocupación polas desigualdades sociais e a guerra nuclear latente, contrapondo unha festa en Londres con secuencias do sufrimento en todo o mundo, nunha edición inspirada en Hiroshima, mon amour (Alain Resnais, 1959). Mesmo realizou unha curiosa incursión na comedia con Vaia par de chalados (How Do You Like Them Bananas?, 1966), un divertido xogo humorístico filmado nunha fin de semana.
O legado dun poeta do celuloide
A finais de los setenta, incapaz de seguir financiando os seus proxectos, Rogosin deixou Nova York e mudouse ao Reino Unido, onde dio clase hasta que se retirou nos anos 90, xa enfermo. Faleceu en Los Ángeles no ano 2000. Antes de mudarse a Europa, deixou unha pegada imborrable na escena underground da Gran Mazá, estando ao cargo do cine de Bleecker Street, que acollía boa parte das estreas de cinema alternativo da cidade.
Participou activamente na posta en marcha da Film-Makers' Cooperative e cofinanciou a construción do Anthology Films Archives de Jonas Mekas. Tamén distribuíu cine militante a través da súa empresa Impact Films. Todo isto proba que Lionel Rogosin fue, durante toda a súa vida, un poeta da cámara cun compromiso político que ía alén do que captaba a súa lente, un activista da cultura cun impacto que resoa no noso presente.
Apoio á distribución da Deputación da Coruña.