Ir ao contido principal

Retrospectiva Anja Breien. Xéneros en fuga

A obra de Anja Breien é moi diversa en temas e estilo e non é desas cineastas que se poden recoñecer con só ver un fotograma das súas películas. Porén, baixo esa variedade advírtese a querenza de responder ao zeitgeist do momento desde o exercicio da linguaxe cinematográfica, xogando sempre coas súas convencións e expectativas para acabar ofrecendo alternativas a eses xéneros establecidos que resultan moi estimulantes. Como moitas cineastas que hoxe consideramos feministas, a ela non lle interesaba esta etiqueta por reducionista, pero en cada entrevista que ofrecía non deixaba de citar a importancia de que estas historias estean contadas desde a óptica dunha muller e que ningún home podería telas narrado así. Desde esa perspectiva, esa mirada, máis alá das etiquetas, debe entenderse o seu cine, tan diverso na súa superficie como homoxéneo no fondo.

Esta retrospectiva reúne as súas seis primeiras longametraxes, seguramente a etapa máis estimulante da súa obra. Todas as copias preséntanse con dixitalizacións levadas a cabo pola Biblioteca Nacional de Noruega.

Quero proxectar este ciclo

Descargas