Ir ao contido principal

A rapariga traballa nunha fábrica téxtil. A rapariga, educada nun orfanato, busca desesperadamente aos seus pais. A rapariga atopa a súa nai nunha pequena aldea e esta pídelle que agoche a súa identidade ante a súa nova familia. A rapariga síntase terriblemente soa, inicia curtas relacións con homes que non a enchen. A rapariga decide axudar a un home que parece saber algo sobre a morte de seu pai, mais acaso lle está a contar a verdade?

Aínda que Mészáros xa estaba curtida como realizadora tras haber ter traballado durante quince anos de documentalista no NODO húngaro, esta é a súa primeira longo de ficción. Todas as súas inquietudes temáticas e a sosegada experimentación nas formas xa están aquí. Criada nunha institución tras o falecemento de seus pais, este elemento vai marcar moitas das súas tramas. Na súa primeira etapa abundan as rapazas rebeldes contra o sistema de valores sociais do momento, como acontece en toda Europa tras maio do 68, sentimento a miúdo expresado a través da música popular. Neste caso contou como protagonista con Kati Kovács, cantante rock que era toda una celebridade cando filmou esta película.

Premios

Seminci 1969 Premio especial
  • Seminci 1969 Premio especial
  • Para a súa primeira longa de ficción (...) combinou o seu adestramento no cinema documental coa xerga visual e sónica das novas vagas internacionais desa década [os sesenta].

    Max Nelson, Film Comment
  • Seminci 1969 Premio especial

Ficha técnica

Título orixinal:
Eltávozott nap
Ano:
1968
Duración:
84 minutos
Formato:
branco e negro
1.37:1, remasterización dixital en 2K
País:
Hungría
Idioma orixinal:
Húngaro

Ficha artística

Dirección:
Márta Mészáros
Guión:
Márta Mészáros
Fotografía:
Tamás Somló
Música:
Levente Szörényi, János Bródy
Elenco:
Kati Kovács, Teri Horváth, Ádám Szirtes, Jácint Juhász, András Kozák, Gábor Agárdy
Montaxe:
Zoltán Farkas
Son:
Zoltán Toldy
Deseño de produción:
Zoltán Farkas
Vestiario:
Piroska Katona
Produción:
Mafilm Studio 4

Descargas