Ir ao contido principal

Sinfonía urbana do Berlín de 1930. Unha serie de personaxes reláxanse un domingo logo dunha semana de arduo traballo.

 

Xente en domingo foi o segundo guión de Billy Wilder, quen máis tarde obtería fama mundial en Hollywood rompendo as barreiras de todos os xéneros cinematográficos e chegando a gañar seis premios Oscar. Reuniuno cos cineastas Edgar G. Ulmer (Detour) e Robert Siodmak (Foraxidos), que se estreaban na dirección. Na fotografía estaba un mozo Fred Zinnemann (De aquí á eternidadeSó ante o perigo, catro Oscars).

Trátase dunha conxunción de xenios que ían fuxir a Estados Unidos coa chegada do nazismo a Alemaña, converténdose nalgúns dos realizadores máis representativos e reputados do cinema clásico. A produción de Xente en domingo foi un esforzo verdadeiramente independente e de linguaxe atípica que sacudiu o panorama cinematográfico teutón do cinema silente. Vista en retrospectiva, reivindícase como unha das grandes sinfonías urbanas da historia do cinema.

Ficha técnica

Título orixinal:
Menschen am Sonntag
Ano:
1930
Duración:
75 minutos
Formato:
1.33 - B/N - 2.1 - DCP
País:
Alemaña
Idioma:
Silente - rótulos en alemán

Ficha artística

Dirección:
Robert Siodmak, Edgar G. Ulmer
Guión:
Billy Wilder
Fotografía:
Fred Zinnemann, Eugen Schüfftan
Música:
Donald Sosin
Produción:
Seymour Nebenzal, Moriz Seeler
Elenco:
Brigitte Borchert, Christel Ehlers, Wolfgang von Waltershausen, Annie Schreyer, Erwin Splettstösser

Descargas