Touro salvaxe
Martin Scorsese
Quero proxectar este filme

Robert De Niro forma equipa co director Martin Scorsese para crear unha imperecedoira obra mestra. Nomeada a oito Oscar®, entre eles o de mellor filme e mellor director, este clásico contemporáneo é "ambicioso, violento, poético e lírico" (The New York Times). De Niro interpreta a Jake La Motta, un boxeador cuxas complexidades psicolóxicas y sexuais desembocan en violencia tanto dentro como fóra do cuadrilátero. Joe Pesci e Cathy Moriarty son os coprotagonistas.
Notas sobre a restauración
Aprobado polo director Martin Scorsese, este novo máster creouse en resolución 4K nun escáner Lasergraphics Director a partires do negativo orixinal de cámara en 35 mm. A banda sonora orixinal en surround 2.0 remasterizouse a partires do soporte magnético de tres pistas en 35 mm.
Supervisión do transfer dixital: Martin Scorsese, Thelma Schoonmaker.
Colorista: Gregg Garvin/Roundabout Entertainment, Burbank, CA.
Premios
2 premios Oscar (mellor actor principal, mellor montaxe)Ficha técnica
- Título orixinal:
- Raging Bull
- Ano:
- 1980
- Duración:
- 129 minutos
- Formato:
- 1.85 : 1 – B/N – 2.0 - DCP 4K
- País:
- Estados Unidos
- Idioma:
- Inglés
Ficha artística
- Dirección:
- Martin Scorsese
- Guión:
- Paul Schrader e Mardik Martin (baseado no libro de Jake La Motta con Joseph Carter e Peter Savage)
- Fotografía:
- Michael Chapman
- Montaxe:
- Thelma Schoonmaker
- Son:
- Donald O. Mitchell, Bill Nicholson, David J. Kimball, Les Lazarowitz
- Produción:
- Irwin Winkler, Robert Chartoff
- Elenco:
- Robert De Niro (Jake La Motta), Joe Pesci (Joey), Cathy Moriarty (Vickie La Motta), Frank Vincent (Salvy), Nicholas Colasanto (Tommy Como), Theresa Saldana (Lenore), Mario Gallo (Mario), Frank Adonis (Patsy)