Ir ao contido principal

Edit, de orixe campesiña, está casada cun importante político ao que non ama. Queda repentinamente viúva cando este falece nun accidente. Levando unha vida solitaria e rodeada de falsos amigos aos que detesta, decide abandonar a súa luxosa situación e comezar de novo. Mais o seu fillo István, coa mesma actitude autoritaria do seu pai, non está disposto a que a súa nai rompa as aparencias e avergoñe á súa familia. Manda á súa moza Kati a pasar o verán con ela na súa casa do lago Balaton para vixiala. A rapaza comeza a dubidar da súa relación co mozo.

Unha protagonista inusual na obra de Mészáros, que habitualmente retrata o día a día de mulleres traballadoras. Esta burguesa está prisioneira da súa propia familia polo rol de muller de ben que lle é asignado. A pesar de ansiar a liberdade, este condicionamento, non só físico (por estar encerrada na súa propia casa), senón sobre todo mental, non llo permite. A fita pode lerse como un estudio das relacións de poder desiguais entre o estado (a profesión do marido non é casual) e os seus súbditos, pero sobre todo denuncia o control das mulleres por parte desas mesmas institucións (políticas e familiares) gobernadas por homes.

Premios

Cannes 1969 Quincena dos realizadores
  • Cannes 1969 Quinzaine des réalisateurs
  • O medo a non recordar, suxire Mészáros, é tan forte como o desexo de esquecemento, na liña en como Alain Resnais exemplificaba as conflitivas polaridades entre memoria e desexo en Hiroshima mon amour (1959).

    Catherine Portuges, Screen Memories: The Hungarian Cinema of Márta Mészáros
  • Cannes 1969 Quinzaine des réalisateurs

Ficha técnica

Título orixinal:
Holdudvar
Ano:
1969
Duración:
86 minutos
Formato:
branco e negro
2.35:1, restauración en 2K supervisada polo director de fotografía János Kende
País:
Hungría
Idioma orixinal:
Húngaro
Produción:
Mafilm Studio 1

Ficha artística

Dirección:
Márta Mészáros
Guión:
Márta Mészáros
Fotografía:
János Kende
Música:
Levente Szörényi, János Bródy
Elenco:
Mari Törőcsik, Kati Kovács, Lajos Balázsovits, Gáspár Jancsó, Ági Mészáros, Mari Szemes, István Avar, Gyöngyi Bürös, Rudolf Somogyvári
Montaxe:
Zoltán Farkas
Son:
György Pintér
Deseño de produción:
Tamás Banovich
Vestiario:
Erzsébet Újhegyi

Descargas