Diamantes da noite
Jan Němec
Quero proxectar este filme

Dous nenos xudeus escapan dun tren que os conduce a un campo de concentración, pero non poderán deixar de correr e ocultarse se desexan sobrevivir. Cos rapaces en constante movemento, Němec asina unha experiencia de corte expresionista e experimental, moi opresiva.
Entre outros moitos méritos, a radicalidade de Diamantes da noite segue sendo un tributo á brillantez inconformista do montador Miroslav Hájek (1919-1993), auténtico heroe pouco recoñecido da Nova Vaga checoslovaca. Hájek montou nada menos que nove dos trece títulos deste ciclo; editou as catro primeiras longametraxes de Forman, as tres primeiras de Chytilová (entre eles As margaridas) e os catorce de Vláčil.
Con máis de 50 títulos ás súas costas, Hájek xa era un veterano cando se asociou co relativamente novato Němec (16 anos máis novo cá el) para adaptar a historia autobiográfica de Arnošt Lustig sobre dous adolescentes que foxen dos seus captadores nazis a través dun terreo pintoresco e hostil.
O resultado é unha obra de duración pouco ortodoxa (63 minutos) que arrinca de forma sorprendente nun valente «media res», cando os mozos saltan á liberdade desde un tren en marcha con destino a un campo de exterminio. Interpretados polos non profesionais Ladislav Jánsky e Antonín Kumbera (Němec citou a Bresson como unha das súas principais influencias), a parella anónima e lacónica embárcase nunha picaresca que alterna unha fuxida vertixinosa cun descanso que corta a respiración.
Hájek e Němec salpican a miúdo a acción con fugaces flashbacks que nos mergullan na mente do mozo (Jánsky) mentres lembra (ou imaxina?) días máis felices en Praga. Estas secuencias, algunhas de apenas uns segundos, están cargadas dunha intensidade alucinatoria: Diamantes da noite funciona á vez como fábula rural e como sinfonía urbana, unha experiencia sensorial irresistible que arde coa mesma forza vital que estes raparigos aparentemente condenados loitan valientemente por preservar.
Neil Young reside en Viena; realiza, presenta, programa, escribe sobre e actúa en películas.
Ficha técnica
- Título orixinal:
- Démanty noci
- Ano:
- 1964
- Duración:
- 67 minutos
- Formato:
- 1.37 : 1 – B/N – mono – DCP 2K
- Pais:
- Checoslovaquia
- Idiomas:
- checo, alemán
Ficha artística
- Dirección:
- Jan Němec
- Guión:
- Arnošt Lustig, Jan Němec
- Produción:
- Filmové studio Barrandov
- Fotografía:
- Jaroslav Kučera
- Montaxe:
- Miroslav Hájek
- Son:
- František Černý, Bohumír Brunclík
- Elenco:
- Ladislav Janský, Antonín Kumbera, Ilse Bischofová, August Bischof, Ivan Asič, Jan Říha