Carruaxe a Viena
Karel Kachyňa
Quero proxectar este filme

Un soldado austríaco asalta a carruaxe dunha campesiña e a forza para levalo a el e ao seu compañeiro ferido ata Viena. A muller busca unha oportunidade de neutralizalos, achegándoos ás tropas soviéticas e aproveitando un descoido para abatelos.
De todos os cineastas que agromaron na estimulante década dos sesenta en Checoslovaquia, Karel Kachyňa é un dos máis inxustamente esquecidos, especialmente se atendemos á grande de obras como Carruaxe a Viena (1966). A armazón dramática composta para esta película por Karel Kachyňa xunto o seu inseparable guionista Jan Procházka é mínimo. Un carro cruza un interminable bosque sumido nunha densa brétema. No carro van tres persoas que, nun rótulo inicial, se nos presentan como dous soldados alemáns que foxen da guerra e unha campesiña checoslovaca que buscar vinganza polo asasinato do seu marido. Este rótulo será clave no desenvolvemento do guión, pois introduce un escenario de violencia suxerida pero non mostrada, de maneira que a totalidade do filme se desenvolve in media res, desprovisto de maior contexto histórico ou descrición psicolóxica dos personaxes.
A partir deste momento serán os rostros, os corpos, os obxectos e mesmo o propio bosque os que se expresen por si mesmos, nun escenario fantasmal, abstracto e case irreal, captado de maneira asombrosa pola cámara de Josef Illík (director de fotografía d'A orella, outro cumio de Kachyňa). Con estes mínimos materiais, emerxe unha sobrecolledora fábula sobre a condición humana en tempos de guerra, que foxe de leccións morais ou tipificacións trilladas. Exemplar resulta, nese sentido, a escena na que vemos un soldado alemán emocionarse ao contemplar as fotos dos seus seres queridos.
A pesar da austeridade da proposta, son moitas as tradicións narrativas convocadas neste Carruaxe a Viena, que ben podería describirse como unha road movie de resonancias medievais, un western de vinganza, unha parábola antibelicista ou, arriscando algo máis, recordarnos a aquelas obras de Hitchcock (Náufragos ou A soga) desenvolvidas nun único tempo e lugar, onde cada obxecto -aquí unha machada, un puñal ou un compás- desencadea a súa propia intriga.
En definitiva, Karel Kachyňa convídanos a 75 minutos de puro cinema. Nin un máis, nin un menos.
Xan Gómez Viñas
Programador de la sala NUMAX (Santiago de Compostela).
Premios
Karlovy Vary 1966 - Sección oficialFicha técnica
- Título orixinal:
- Kočár do Vídně
- Ano:
- 1966
- Duración:
- 79 minutos
- Formato:
- 2.35 :1 – B/N – mono – DCP 2K
- Pais:
- Checoslovaquia
- Idiomas:
- checo, alemán
Ficha artística
- Dirección:
- Karel Kachyňa
- Guión:
- Jan Procházka, Karel Kachyňa
- Produción:
- Filmové studio Barrandov
- Fotografía:
- Josef Illík
- Música:
- Jan Novák
- Montaxe:
- Miroslav Hájek
- Son:
- Jiří Lenoch
- Elenco:
- Iva Janžurová, Jaromír Hanzlík, Luděk Munzar, Vladimír Ptáček, Ivo Niederle, Jiří Žák