Ir ao contido principal

Mari vive feliz no seu matrimonio e na súa posición privilexiada de directora dun hostal para traballadoras rurais. Inicia unha amizade con Juli, muller máis nova cuxa relación cun home alcólico parece un desastre. Algo esperta nela ao observar a esta parella. Mari comeza a preguntarse se, baixo as aparencias, eses vinte anos casada non terán feito se non erosionar a súa independencia.

Logo da incorporación de Nowicki á súa troupe, o éxito internacional dos seus filmes facilita a Mészáros contratar a notables intérpretes de toda Europa. Para unha das parellas protagonistas, conta aquí coa diva de Godard en 2 o 3 cousas que sei dela, Marina Vlady, e o seu partenaire na realidade, o cantante e actor ruso Vladimir Vysotsky. O seu traballo en Francia permitiralle máis tarde incorporar aos seus elencos estrelas como Anna Karina, Isabelle Huppert ou Delphine Seyrig. Nunha faceta máis íntima, aquí descubre á moza de oito anos Zsuzsa Czinkóczi, quen interpreta á fija de Juli. Ademais de participar en Coma na casa, acabará sendo o seu alter ego na súa triloxía diarística.

Ver en liña

  • Primeiros planos encadrados con intelixencia.

    Kat Sachs, MUBI Notebook.

Ficha técnica

Título orixinal:
Ök ketten
Ano:
1977
Duración:
98 minutos
Formato:
cor
1.85:1, restauración en 4K supervisada polo director de fotografía János Kende
País:
Hungría
Idioma orixinal:
Húngaro

Ficha artística

Dirección:
Márta Mészáros
Guión:
József Balázs, Ildikó Koródy, Géza Bereményi, Márta Mészáros
Fotografía:
János Kende
Elenco:
Marina Vlady, Lili Monori, Jan Nowicki, Zsuzsa Czinkóczi, Judit Meszléry, Magda Kohut, Vladimir Vysotsky, Miklós Tolnay
Música e son:
György Kovács
Montaxe:
Éva Kármentő
Deseño de produción:
Tamás Banovich
Vestiario:
Ildikó Szabó
Produción:
Mafilm Studio Dialog

Descargas