Ir ao contido principal

Miloš Forman

Miloš Forman (1932 – 2018) foi unha das figuras máis destacadas do cinema checo dos anos sesenta e gañou dous premios Oscar á mellor dirección e película con Alguén voou sobre o niño do cuco (1976) e Amadeus (1985), tras emigrar a Estados Unidos. Os seus pais morreron en campos de concentración durante a Segunda Guerra Mundial. Ao seu termo, educouse nun internado e despois estudou guión na FAMU de Praga. Desde a súa primeira película, Pedro, o negro (1963), Forman creou o seu propio estilo, inspirado polo cinéma vérité e o neorrealismo. Ao seu debut seguiu o retrato dunha moza infeliz, Os amores dunha loura (1965), que foi nomeado ao Oscar ao Mellor filme internacional. O seu segundo nomeamento aos premios da Academia obtívoo con Ao lume, bombeiros! (1967), onde denunciaba a incompetencia da burocracia comunista. Cando chegou a invasión soviética en 1968, atopábase no estranxeiro traballando no guión da súa primeira película estadounidense. O seu maior éxito crítico e comercial chegou con Alguén voou sobre o niño do cuco (1975), ás que seguiron Hair (1979), Ragtime (1981), O escándalo de Larry Flint (1996) e Man on the Moon (1999), nas que exploraba diferentes aspectos da cultura e a sociedade estadounidenses.