José Escobar
José Escobar (Barcelona, 1908-1994) é moi coñecido por ser un dos principais autores do cómic humorístico español, vinculado á chamada Escuela Bruguera e dotado dunha enorme lucidez para retratar a época que lle tocou vivir. A el debemos personaxes clásicos como Zipi y Zape ou Carpanta.
Tamén se dedicou aos debuxos animados. Tras realizar varias series, como Garabatos ou Civilón, foi director de animación de Érase una vez... (1950), adaptación d'A Cincenta de Charles Perrault, un filme pioneiro na época, segundo de animación realizado en España.
