Ir ao contido principal

Robert Siodmak

Robert Siodmak iniciou a súa carreira na Alemaña dos anos trinta, debutando con Xente en domingo xunto a Edgar G. Ulmer. Fíxose famoso na súa etapa estadounidense, tendo fuxido do réxime nazi, nos anos corenta. Especializouse sobre todo en xénero negro, asinando obras notables como A dama descoñecida, A escaleira de caracol ou Foraxidos. Volveu a Europa nos anos cincuenta, perseguido tamén en Hollywood polo Comité de Actividades Antinorteamericanas. Continuou a traballar en Francia e Alemaña.