Ir ao contido principal

A Seminci estreará en España Talvez mañá..., da húngara Judit Elek

A película, premiada en Locarno pola crítica na súa estrea orixinal en 1980, poderase ver nas salas españolas nunha copia restaurada polo Instituto Nacional de Cine de Hungría e distribuída por LOST & FOUND.
 

Esta longametraxe formará parte dun programa que reúne un total de oito restauracións recentes arredor do documental de Inés Toharia Cine, registro vivo de nuestra memoria.

Quizá mañana..., da histórica directora húngara Judit Elek, terá a súa estrea en España durante a Semana Internacional do Cinema de Valladolid (Seminci), neste mes de outubro. Trátase dunha longametraxe de ficción estreada orixinalmente en 1980, ano no que recibiu o premio FIPRESCI no Festival de Locarno, y que agora recupérase tras a restauración dixital levada a cabo polo National Film Institute Hungary - Film Archive. Puido verse este ano no festival de Rotterdam, no marco dunha retrospectiva dedicada a esta autora tan descoñecida coma reivindicable. Chega agora ás salas españolas da man de LOST & FOUND.

Quizá mañana... (Majd holnap…) é a segunda longa de ficción rodada por Judit Elek. Conta a historia de István (Andor Lukáts) e Eszter (Judit Meszléry), unha parella de amantes que vive en matrimonios separados. Non queren perder aos seus cónxuxes nin aos seus fillos, pero a súa relación e un segredo a voces que desgasta ás súas familias.

A película adéntrase nas turbias relacións privadas dos anos finais do goberno do presidente János Kádár, durante o réxime comunista de Hungría. “As escenas angustiosas dos dous amantes, rodadas en estreitos apartamentos, con paredes despintadas e mobles vellos, describen con cruel precisión non só as distorsións das relacións persoais, senón tamén a desesperación dunha época”, escribe o reputado crítico Olaf Möller en el catálogo de Rotterdam. En Elek atopamos ecos de John Cassavetes e Ingmar Bergman. A realizadora desenvolve un punzante e malsán estilo neste fimle e proba que a súa é unha grande cinematografía aínda por descubrir.

O documental Cine, registro vivo de nuestra memoria, eixo dun programa repleto de sorprendentes restauracións

Tras o seu paso pola Seminci, Quizá mañana... chegará ás salas e filmotecas españolas como parte dun programa que xira arredor do documental Cine, registro vivo de nuestra memoria, de Inés Toharia, que tamén tivo a súa estrea europea en Seminci hai un par de anos e que dende entón tivo un potente percorrido internacional e excelentes críticas.

The Hollywood Reporter asegura que a película de Toharia “deleitará e iluminará á cinefilia” e para The Guardian, “urxe a ser máis conscientes de como arquivamos e perservamos as películas que vemos e filmamos” e “celebra o pequeno milagre que ocorre cada vez que logramos rescatar outro título do limiar da extinción”. Pola súa banda, o cineasta brasileiro Walter Salles afirmou nunha mesa redonda na Cinémathèque Suisse que esta “sublime” película serve para “conectar cos heroes anónimos da preservación de cinema, quen nos permita entender a través do cinema que o mundo é moito máis grande e complexo do que imaxinamos”.

Cine, registro vivo de nuestra memoria bota luz sobre o inmenso valor dun traballo moitas veces invisible, o da preservación de películas e materiais cinematográficos, que se leva a cabo en filmotecas, arquivos, fundacións e outras institucións internacionais. Porque con cada película que se perde, pérdese parte da memoria da época na que foi rodada. A través de centos de entrevistas, imaxes de arquivos de todo o mundo e dunha montaxe que atrapa, a cinta de Inés Toharia ofrece unha ollada persoal, técnica e artística sobre a preservación e restauración, sobre a súa enorme importancia, e sobre os seus futuros desafíos, que non están resoltos co paso ao dixital.

Desde LOST & FOUND quixemos resaltar o labor destes arquivos, por iso convidamos á directora a programar un ciclo de oito películas que inclúe algunas das mellores restauracións realizadas nos últimos anos. Nel figuran nomes moi populares, canda outros máis descoñecidos, coma o de Judit Elek, que suporán unha descuberta para a cinefilia. O programa íntegro darase a coñecer proximamente.