Ir ao contido principal

O documental A primeira ollada, unha mostra do cinema español que puido ser, chega ao Festival de Málaga o 4 de marzo

A peícula de Luis E. Parés descubre os arquivos da primeira escola de cine en España, un espazo de liberdade que sobreviviu entre 1947 e 1962. Rescata traballos de Bardem, Saura, Mercero, Erice… e localiza metraxe de Berlanga ata agora descoñecida

A primeira ollada poderá verse en salas comerciais e no circuito cultural a partir de xuño, da man da distribuidora LOST & FOUND FILMS

A primeira escola de cinema que existiu en España, fundada en 1947 en Madrid, foi unha illa de liberdade en pleno franquismo, na que se albiscou o que puido ter sido o futuro da cinematografía do país sen as cadeas da censura. Un futuro ao que agora nos asomamos no  documental A primeira ollada, dirixido por Luis E. Parés, e que se proxectará o vindeiro 4 de marzo no Festival de Málaga, como anticipo do seu paso por salas comerciais e polo circuito cultural, coa distribución de LOST & FOUND FILMS. Para o crítico Luis Martínez, que lle dedicou unha anáise en El Mundo, este documental “inaugura un xeito completamente novo, e por iso revolucionario, de ler, entender e mesmo ver o cinema español”.

O filme, narrado polas voces de Aitana Sánchez-Gijón e Pedro Casablanc, tivo a súa estrea en Seminci e pasou xa polo Festival Rotterdam. Descúbrenos os arquivos do Instituto de Investigacións e Experiencias Cinematográficas (IIEC) desde a súa creación ata que en 1962 foi absorbido polo Ministerio de Información e Turismo de Manuel Fraga, que puxo fin a toda liberdade creativa. E neses arquivos Luis E. Parés rescata xoias coma os primeiros proxectos de Luis García Berlanga, Carlos Saura, Víctor Erice, Antonio Mercero, Jesús Franco, José Luis Borau… En concreto, a súa investigación logrou sacar á luz un traballo sen identificar de Berlanga, inédito ata o momento, e que agora pode verse nesta longametraxe. 

En definitiva, este documental producido por Pantalla Partida, Malvalanda e Radio Televisión Española abre unha fiestra a unha realidade alternativa, a dun cinema desenvolvido por enormes talentos, sen os límites impostos pola ditadura a toda actividade creativa . Nos arquivos da antiga escola atopamos referencias directa á guerra civil, proxectos formalistas y experimentales, incursións no noir e descubrimos novos puntos de vista de algúns dos directores máis respectados da segunda metade do século XX no cinema español. Unha portunidade de coñecer mellor a nosa historia e o noso cine. 

Debut de Luis E. Parés como director de longametraxes

A primeira ollada é, ademáis, a ópera prima de Luis E. Parés como director de longas, tras toda unha vida vencellado á cinefilia e tras as curtametraxes Mi ideología. Variaciones sobre un concepto (2013), Aidez l’Espagne (2014), El cadáver del tiempo (2016) e Los conspiradores (2021). Parés é actualmente director da Cineteca Matadero en Madrid e foi programador en Zinebi, Punto de Vista, Cortocircuito, Instituto Cervantes ou o Museo Reina Sofía. Traballou coma programador na Filmoteca Española e no Festival de Cine de Sevilla, sendo tamén coordinador do programa de RTVE Historia de nuestro cine. Impartiu clases e cursos en ECAM, TAI, Lens, MUSAC, La Laboral ou La Casa Encendida.