Ir ao contido principal

Érase unha vez…, finalista á mellor edición en vídeo doméstico dun filme de patrimonio no certame Il Cinema Ritrovato 2024

A edición colecciónista de Érase unha vez... foi seleccionada entre os finalistas dos Premios Blu-ray & DVD de Il Cinema Ritrovato, o prestixioso festival internacional de cinema que, desde 1986, celébrase cada ano en Boloña (Italia), e que está dedicado á presentación de fitas que se consideraban perdidas e que foron recuperadas en filmotecas de todo o mundo.

Organizado pola Cineteca de Bologna, unha das máis importantes de Europa, é unha honra que o festival preseleccionase a coidada edición de Érase unha vez... como finalista na categoría de mellor edición de vídeo doméstico dun filme de patrimonio, lanzada ao mercado por Divisa Films, coa colaboración da productora Estela Films y la distribuidora LOST & FOUND, para achegarlle á cinefilia a que sen dúbida é unha xoia da animación española recuperada.

Érase unha vez... é a segunda longametraxe de animación creada en España, unha adaptación libre da Cincenta de Charles Perrault, que se levou a cabo por iniciativa de Josep Baguñà con dirección e animación de Josep Escobar, creador de personaxes tan populares como Carpanta, Petra o Zipi y Zape. O valor histórico deste filme, que no seu día foi declarada ben de interese nacional e obtivo unha mención de honra na XI Mostra Cinematográfica da Bienal de Venecia, deu lugar a un laborioso e complicado proceso de recuperación impulsado por Filmoteca Española, Filmoteca de Catalunya e o investigador e restaurador Luciano Berriatúa.

A partir de materiais en 16 mm, conservados exclusivamente en branco e negro, Filmoteca de Catalunya emprendeu un longo proceso de restauración que, coa decisiva contribución de Luciano Berriatúa, devolveulle á película Érase unha vez... os seus atributos orixinais de cor e textura, apreciables no Blu-RayTM lanzado ao mercado, que se sitúa por méritos propios entre os finalistas do citado premio.

A excelente edición en Blu-RayTM inclúe como contido extra o proceso de restauración de Érase unha vez. . . en versión castelá e catalá, así coma un libro de 96 páginas no que se detalla o traballo de recuperación do filme, amosa debuxos orixinais, imaxes procedentes do álbum de cromos publicado na épica, un dossier informativo, póster, imaxes da restauración e outras curiosidades.

Mentres o Festival Il Cinema Ritrovato delibera sobre que título a nivel mundial acada o prestixioso premio á mellor edición en vídeo doméstico dun filme de patrimonio, que se outorgará no marco da súa vindeira edición, do 22 ao 30 de xuño en Boñola, animamos a toda a cinefilia a descubrir e gozar en casa de Érase unha vez. . . como nunca antes se vira.

DETALLES DO PRODUTO


Sinopsis:

Libre adaptación do conto da Cincenta, de Charles Perrault.

Un conde e a súa filla viven no fermoso castelo de Aubanel. A condesiña, pola súa beleza e bondade, é querida por todos os seus vasalos, pero maltratada pola súa madrastra e polas súas medio-irmás. Un dos seus paxes vaina liberar de semellante escravitude coa axuda dun mago e o seu gato Ulises.
 

ESPAÑA. - 1950

Duración – 69 min.

Para todos os públicos.

Unha produción de ESTELA FILMS ÉRASE UNA VEZ... versión do conto de CHARLES PERRAULT “A CINCENTA”

Adaptación e Guion JOSÉ MARÍA ARAGAY, A. GONZÁLEZ. ÁLVAREZ, A. CIRICI PELLICER, RAFAEL FERRER, FLORA MONTEYS, JOSÉ ESCOBAR

Todos os dereitos da presente versión e das personaxes creadas para a mesma son propiedade de ESTELA FILMS

Dirección artística A. CIRICI PELLICER Dirección de animación JOSÉ ESCOBAR Dirección Toma directa JAIME DE FERRATER Dirección musical R. FERRER-FITÓ Xefe de Produción: JOSÉ Mª ARAGAY Animación JUAN FERRANDIZ, FRANCISCO TUR, GUILLERMO FRESQUET, FEDERICO SEVILLANO, “DIBÁN” Deseño de Decorados: A. CIRICI- PELLICER Realización: “DIBÁN” Música RAFAEL FERRER-FITÓ Montaje ROSA ROIG Produtor J. BENET- MORELL

Restauración:

Inspección, estudio y proyecto de reconstrucción; escaneado, restauración digital, etalonaje y obtención de materiales de conservación y difusión digital: Filmoteca de Catalunya, Centro de Conservación y Restauración, con el apoyo de Estela Films, Félix Tusell Sánchez, productora del film. Recreación del color: La Bestia Produce, a partir de la búsqueda de las coloraciones originales de Luciano Berriatúa e Isabel Benavides. Zoe Berriatua. Transcodificación y restauración banda sonora: Tasso Laboratorio de Sonido, Enric Giné.