Coma na casa
Márta Mészáros
Quero proxectar este filme

András volve a Hungría de Estados Unidos tras unha tempada vivindo alí e atópase sen muller, traballo nin amigos. Nin sequera é quen de retomar a relación coa súa antiga amante. Totalmente perdido, cunha mestura de sentimentos entre o rexeitamento e a pertenza ao seu lugar de orixe, coñece a unha nena que toma como filla adoptiva. Ambas almas desarraigadas apóianse a unha á outra.
Anna Karina é a amante de Jan Nowicki neste drama que dalgunha forma traslada os sentimentos de Mészáros cara o seu país nesa altura. Cada vez máis a miúdo en Polonia e Francia, a directora empeza a rexeitar un sistema de produción que non lle permite realizar filmes máis ambiciosos. A partir de aquí iniciará un período de autoimposto exilio artístico. Coma na casa fala deste sentimento de desarraigo e rexeitamento, mentres reflexiona sobre os lazos que nos ligan aos lugares onde medramos.
Premios
Donostia 1978 Cuncha de prataFicha técnica
- Título orixinal:
- Olyan, mint otthon
- Ano:
- 1978
- Duración:
- 109 minutos
- Formato:
- cor
1.85:1, restauración en 4K supervisada polo director de fotografía János Kende - País:
- Hungría
- Idioma orixinal:
- Húngaro, inglés
Ficha artística
- Dirección:
- Márta Mészáros
- Guión:
- Ildikó Kóródy, Márta Mészáros
- Fotografía:
- Lajos Koltai
- Música:
- Tamás Somló
- Elenco:
- Jan Nowicki, Zsuzsa Czinkóczi, Anna Karina, Ildikó Pécsi, Ferenc Bencze, Kornélia Sallai
- Produción:
- Hunnia Studio Technical