O reputado director catalán presentará Tren de sombras (1997) na Filmoteca de Galicia o venres 3 de maio e en NUMAX o sábado 4 de maio. A sala compostelá acolle ademais un encontro con el ao redor da restauración desta fita fundamental da súa filmografía.
Érase unha vez…, finalista á mellor edición en vídeo doméstico dun filme de patrimonio no certame Il Cinema Ritrovato 2024
A edición colecciónista de Érase unha vez... foi seleccionada entre os finalistas dos Premios Blu-ray & DVD de Il Cinema Ritrovato, o prestixioso festival internacional de cinema que, desde 1986, celébrase cada ano en Boloña (Italia), e que está dedicado á presentación de fitas que se consideraban perdidas e que foron recuperadas en filmotecas de todo o mundo.
O ciclo Cinema, rexistro vivo da nosa memoria arrinca este venres 15 de marzo en Galicia
Composto do documental homónimo e de oito filmes recentemente restaurados por institucións de prestixio de todo o mundo; pretende pór en valor o traballo de filmotecas e arquivos para salvagardar o patrimonio cinematográfico.
A directora Inés Toharia presenta este venres en NUMAX (Santiago de Compostela) a súa fita ás 19 horas, mentres que o sábado 16 estará en DUPLEX Cinema (Ferrol) ás 17:30. Pechará o ciclo José Luis Guerín con Tren de sombras entre os días 3 e 5 de maio, tamén na sala compostelá e na Filmoteca de Galicia (A Coruña).
A cinemateca galega acolle ademais o 9 de abril unha xornada de charlas en torno ao cinema de patrimonio, que contará cos expertos na materia Inés Toharia, Carolina Cappa e Víctor Paz.
O documental A primeira ollada, unha mostra do cinema español que puido ser, chega ao Festival de Málaga o 4 de marzo
A peícula de Luis E. Parés descubre os arquivos da primeira escola de cine en España, un espazo de liberdade que sobreviviu entre 1947 e 1962. Rescata traballos de Bardem, Saura, Mercero, Erice… e localiza metraxe de Berlanga ata agora descoñecida
A primeira ollada poderá verse en salas comerciais e no circuito cultural a partir de xuño, da man da distribuidora LOST & FOUND FILMS
Á procura da estrela chega a salas comerciais o 15 de xaneiro, nun TANDEM con O movimento das coisas
A primeira película de Carlos Martínez-Peñalver proxectarase o vindeiro luns no Círculo de Belas Artes de Madrid, nun programa dobre coa cinta de Manuela Serra, un clásico case esquecido do cinema portugués
Ambas longametraxes comezan unha xira polo territorio español, con próximos pases en Zumzeig (Barcelona), NUMAX (Santiago de Compostela) e a Filmoteca de Galicia (A Coruña), todos eles con coloquio e presenza do director
O documenta Cine, registro vivo de nuestra memoria será o eixo dun ciclo coas mellores restauracións cinematográficas dos últimos anos
O programa, composto por oito películas, dará comezo en Cineteca Madrid este 9 de xaneiro, e poderá verse proximamente nas Filmotecas de Galicia e Valencia, e na sala NUMAX de Santiago, como inicio da súa xira polo territorio nacional
A película de Inés Toharia, que enfoca o cinema como arte e como unha parte fundamental da historia humana, estrearase nas salas españolas o próximo 13 de xaneiro, tras o seu paso por máis de 30 países con gran éxito de crítica. Haberá prestencación e coloquio coa directora en Cineteca.
Á procura da estrela abrirá o festival Novos Cinemas de Pontevedra tras o seu exitoso pase por Porto e Xixón
A primeira película de Carlos Martínez-Peñalver terá a súa estrea en Galicia o 12 de decembro ás 20.30 horas, inaugurando a oitava edición da mostra pontevedresa
Á procura da estrela, primeira película de Carlos Martínez-Peñalver, estréase nos festivais de Porto/Post/Doc y Xixón
O filme, xa premiado durante o seu desenvolvemento nos festival de Belfort, Post/Doc y L’Alternativa (Barcelona) se estrenará en Porto el 18 de noviembre, y en Xixón el día 23 del mismo mes.
A Seminci estreará en España Talvez mañá..., da húngara Judit Elek
A película, premiada en Locarno pola crítica na súa estrea orixinal en 1980, poderase ver nas salas españolas nunha copia restaurada polo Instituto Nacional de Cine de Hungría e distribuída por LOST & FOUND.
Estrea de Cine, registro vivo de nuestra memoria
A película de Inés Toharia, aplaudida pola crítica e proxectada xa en máis de 30 países, estrearase nas salas españolas en xaneiro.
Reestrea de Touro salvaxe en salas
A partir do 2 de xuño poderá verse en cinemas unha nova copia restaurada en 4K de TOURO SALVAXE, supervisada por Martin Scorsese e Thelma Schoonmaker.
O clásico da animación Érase una vez... preséntase no festival Il Cinema Ritrovato o 28 de xuño
O certame de Boloña está considerado o máis importante de cinema restaurado no mundo. A fita, primeira produción de Estela Films en 1950 rescatada pola Filmoteca de Catalunya, contará na cita italiana coa introdución de Esteve Riambau (director da filmoteca), Rosa Cardona (conversadora e restauradora) e Luciano Berriuatúa (coengargado da reintrodución da cor).
-
O cinema de Márta Mészáros xa pode verse en Filmin
A retrospectiva de 12 filmes da realizadora húngara, primeira muller en gañar o Oso de Ouro da Berlinale en 1975 con Adopción, están dispoñibles na plataforma de streaming dende o 7 de abril.
-
Unha introdución ó pop húngaro dos sesenta
O músico e investigador Alfonso Espiño indaga na escena pop de Budapest a finais dos sesenta, ofrecendo unha lectura en profundidade das bandas que aparecen no filme de Márta Mészáros Non choredes, preciosas!